sábado, 16 de julio de 2016

sábado, 9 de julio de 2016

Exposición na Fundación Vicente Risco

 Exposición das  ilustracións e textos dos contos publicados "O soño de Esther ", "O cullarapo" e a" nena  "  na Fundación Vicente Risco do 24 de XUÑO ao 17 de XUÑO.

http://www.fundacionvicenterisco.com 


domingo, 22 de mayo de 2016

COLECTIVO BICICLETA

Hoxe o espazo Colectivo Bicicleta publica o meu traballo , moi agradecida a esta páxina  que tanto nos enriquece a todas e todos, dando  espazo á ilustración , ao deseño, á animación e a noticias de actualidade .
http://www.colectivobicicleta.com/2016/05/ilustracion-luz-beloso.html

sábado, 27 de febrero de 2016

MEL "Unha mosca agradecida"


Preséntovos a nosa nova criatura "MEL" , un conto de Miguel Angel Alonso Diz  que tiven o pracer de ilustrar ,   inclúe un marabilloso CD cos poemas na voz de Miguel Alonso Diz
e poemas musicados e cantados por:

Miguel Alonso (voz e música)
Maese Pedrido (música)
Malvares de Moscoso  (voz)
Servando Barreiro (voz e música)
Miguel Alonso Diz (voz)

"Unha mosca agradecida comeza hoxe a voar Mel é o seu nome e vainos cantar fermosos poemas que endexamais esquecerás."

E ademáis estamos nos III Premios Martín Códax da Música. 
Podedes escoitar dúas cancións deste fermoso libro nesta ligazón: 


http://www.premiosmartincodaxdamusica.com/awards/vote





domingo, 7 de febrero de 2016

EXPOSICIÓN "NA ESPERA"

Durante este mes e o mes de marzo estarán expostas as miñas ilustracións xunto aos textos de Miguel , pertencentes aos álbums  ilustrados " O cullarapo Croque"  e "A nena á que non deixaban ser  feliz", no Centro Oncolóxico da Coruña.
 Esta exposición pertence ao  proxecto "NA ESPERA" que trata de achegar a arte aos centros hospitalarios , salas de espera, clínicas. Ver ligazón http://arteu.blogaliza.org/na-espera/ ,proxecto coordinado por arTeu , colectivo formado polos  artistas , Xacobe Inma Doval .








sábado, 16 de enero de 2016

domingo, 3 de enero de 2016

"ANDANTE" o poder transformador da arte.

Nova animación realizada xunto ao compañeiro Juan Sicilia para a colección Andante de Ramón Álvarez, unha colección unida por unha horma de zapato  e transformada por numerosos artistas nunha obra única, en ARTE.
Ver as ligazóns para saber máis sobre o proxecto ANDANTE.



andARTE from Luz Beloso on Vimeo.
Videocreación realizada por Juan Sicilia & Luz Beloso para a colección ANDANTE
Animación, realización e gráficos : Juan Sicilia & Luz Beloso
Royalty Free Music:[Celtic and Folk] Kevin MacLeod - Skye Cuillin





Grazas a  Sara Pérez, Álvaro Rodríguez e José Manuel Ucha  por  darnos a coñecer esta marabillosa colección e pola oportunidade de participar nela. 

miércoles, 11 de noviembre de 2015

Videocreación para SPIFFhAUS - INCONMENSTRUABLE

Aquí queda unha nova animación que fixen para o grupo de música  SPIFFhAUS  , a
canción chámase INCONMENSTRUABLE .
Isto é o que me suxeriu a súa máxica música, espero que vos guste.


 Desde aquí deséxolles moito éxito no lanzamento do seu novo disco.