sábado, 24 de octubre de 2015

EXPOÑENDO NA SALA APO´STROPHE

Exposición da man de  NOVA GALICIA EDICIÓNS  na SALA de ARTE  APO´STROPHE   das ilustracións que fixen para os álbumes ilustrados "O cullarapo Croque" e "A nena á que non deixaban ser feliz", escritos por Miguel Ángel Alonso Diz.
Aquí deixo algunhas das fotos realizadas na exposición .

Esta exposición , non só mostra ilustracións e textos dos contos da nosa autoría , tamén ofrecemos actividades  creativas durante este mes  para nen@s de todas as idades (de 1-100 anos ), nacidas do corazón do taller de imaxinación ALONSO-BELOSO.
Aquí déixovos algúns momentos do ocorrido estes días na sala de arte.

*Fotos:Sala Apo´strophe





Servando Barreiro cantando na Apo'strophe Sala de Arte 











TALLER DE IMAXINACIÓN NA TVG  ENLACE






O próximo taller que vou dar será este xoves 29  ás 6  e media da tarde, espérovos