miércoles, 23 de noviembre de 2016

A SOIDADE DAS MEDUSAS




Deixo aquí algunhas  das ilustracións que traballei para o libro e o booktrailer  de "A SOIDADE DAS MEDUSAS" da  xenial escritora  Iria   Collazo,  que  xa podedes atopar  en todas as librerías de Galicia da man da Editorial Galaxia.



"Que poden ter en común unha pianista exitosa, un escritor pechado contra a súa vontade nun apartamento no medio dun mar de rañaceos, unha nena de ollos triste e pasado cruel que foxe do vento, unha reputada fotógrafa con ansias de voar lonxe, os soños dun vello inconsciente no deserto do hospital ou unha oficinista presa dos seus propios rituais e dun amor imposible? A resposta está en A soidade das medudas, o novo libro de Iria Collazo. Autora do booktrailer: Luz Beloso, ilustradora tamén da novela."

               VER LIGAZÓN .http://www.drawfolio.com/es/portfolios/luzbeloso/picture/86006
Portada Libro ©Luz Beloso
 Posible portada ©LuzBeloso



GIF ©Luz Beloso

GIF ©Luz Beloso


GIF ©Luz Beloso



sábado, 5 de noviembre de 2016

MEL, unha mosca agradecida

Pronto moi pronto, MEL estará con todos nós, a principios de Decembro poderemos vela nas mellores librerías da nosa terra, un  conto que ilustrei a partir dos fermosos poemas de Miguel Alonso Diz ,  musicado por Malvares de Moscoso, Servando Barreiro, Miguel Alonso e Fernando Shey Pedrido Mariño , esperamos que o gocedes .




MEL , unha mosca agradecida from AlonsoBeloso on Vimeo.
Imaxes do novo libro de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso. "Mel , unha mosca agradecida"
Editado por Nova Galicia Edicións











sábado, 9 de julio de 2016

Exposición na Fundación Vicente Risco

 Exposición das  ilustracións e textos dos contos publicados "O soño de Esther ", "O cullarapo" e a" nena  "  na Fundación Vicente Risco do 24 de XUÑO ao 17 de XUÑO.

http://www.fundacionvicenterisco.com 


domingo, 22 de mayo de 2016

COLECTIVO BICICLETA

Hoxe o espazo Colectivo Bicicleta publica o meu traballo , moi agradecida a esta páxina  que tanto nos enriquece a todas e todos, dando  espazo á ilustración , ao deseño, á animación e a noticias de actualidade .
http://www.colectivobicicleta.com/2016/05/ilustracion-luz-beloso.html

sábado, 27 de febrero de 2016

MEL "Unha mosca agradecida"


Preséntovos a nosa nova criatura "MEL" , un conto de Miguel Angel Alonso Diz  que tiven o pracer de ilustrar ,   inclúe un marabilloso CD cos poemas na voz de Miguel Alonso Diz
e poemas musicados e cantados por:

Miguel Alonso (voz e música)
Maese Pedrido (música)
Malvares de Moscoso  (voz)
Servando Barreiro (voz e música)
Miguel Alonso Diz (voz)

"Unha mosca agradecida comeza hoxe a voar Mel é o seu nome e vainos cantar fermosos poemas que endexamais esquecerás."

E ademáis estamos nos III Premios Martín Códax da Música. 
Podedes escoitar dúas cancións deste fermoso libro nesta ligazón: 


http://www.premiosmartincodaxdamusica.com/awards/vote





domingo, 7 de febrero de 2016

EXPOSICIÓN "NA ESPERA"

Durante este mes e o mes de marzo estarán expostas as miñas ilustracións xunto aos textos de Miguel , pertencentes aos álbums  ilustrados " O cullarapo Croque"  e "A nena á que non deixaban ser  feliz", no Centro Oncolóxico da Coruña.
 Esta exposición pertence ao  proxecto "NA ESPERA" que trata de achegar a arte aos centros hospitalarios , salas de espera, clínicas. Ver ligazón http://arteu.blogaliza.org/na-espera/ ,proxecto coordinado por arTeu , colectivo formado polos  artistas , Xacobe Inma Doval .








sábado, 16 de enero de 2016

domingo, 3 de enero de 2016

"ANDANTE" o poder transformador da arte.

Nova animación realizada xunto ao compañeiro Juan Sicilia para a colección Andante de Ramón Álvarez, unha colección unida por unha horma de zapato  e transformada por numerosos artistas nunha obra única, en ARTE.
Ver as ligazóns para saber máis sobre o proxecto ANDANTE.



andARTE from Luz Beloso on Vimeo.
Videocreación realizada por Juan Sicilia & Luz Beloso para a colección ANDANTE
Animación, realización e gráficos : Juan Sicilia & Luz Beloso
Royalty Free Music:[Celtic and Folk] Kevin MacLeod - Skye Cuillin





Grazas a  Sara Pérez, Álvaro Rodríguez e José Manuel Ucha  por  darnos a coñecer esta marabillosa colección e pola oportunidade de participar nela.